Image thumbnail

Máis sobre nós

¿Qué e o prato de Harvard?

Trátase dunha guía alimentaria elaborada pola Universidade de Harvard e que actualmente e a máis usada polos nutricionistas. Resulta fácil de interpretar xa que as porcións de cada grupo de alimentos están representadas nun prato, e non inclúe produtos non recomendado.

Segundo esta guía a metade do que comemos deben ser produtos vexetais, verdura e froita. E a outra metade estará repartida a partes iguais entre proteínas, e hidratos de carbono. As proteínas deben ser de calidade, por exemplo legumes, peixe fresco, carnes non procesadas, ovos, froitos secos. E os hidratos de carbono deben vir de cereais integrais ou alimentos vexetais como a pataca, nunca de azúcares ou refinados.

A nosa bebida principal debe ser auga e debemos cociñar con aceite de oliva.

¿Cómo elixo o meu menú?

Moi fácil, cada día atoparás dous menús recomendados, son os biobocado do día. Estes menús están configurados coas elaboracións que cociñamos a diario. Se queres podes elixir un biobocado do día ou pedir por racións as cantidades que desexes das elaboracións que temos feitas para o día.

¿Podo encargar o meu pedido?

Si, podes encargar o teu pedido. O máis sinxelo e que o fagas a través da web (www.biobocado.es), así ves o que temos cada día. So tes que elixir o que queres mercar, e indicar se o queres recoller ou que cho levemos a casa.

En caso de dubida sempre podes chamar o 982 271 500.

¿Hai opción de envío a domicilio?

Si, claro que temos entrega a domicilio e o facemos en bicicleta, para manter o noso compromiso co medio ambiente. A única condición e que nos fagas o pedido antes das 10:30h do día que queres que cho entreguemos. Pensa que todo o mundo quere comer máis ou menos a mesma hora, resulta importante organizarnos con antelación.

¿Podo encargar e ir a recoller?

Si, podes facer o pedido na web e non solicitar o envío a domicilio. Terémoscho preparado para cando veñas a recollelo.

¿Qué envases usa Biobocado?

Os envases son biodegradables e compostables. E procuramos que sexan tamén sempre de material reciclado.

¿Cómo reciclo os envases?

No contedor verde, o de restos. Os envases son compostables e biodegradables.

¿Podo levar o meu envase?

Si, e nese caso farémosche un desconto de 20 céntimos na túa compra.

¿De onde veñen as materias primas?

Todas as materias primas son ecolóxicas, buscamos proveedores de proximidade. Temos produto de Galicia, de España, e as menos, pero algunhas tamén veñen do extranxeiro.

¿Biobocado utiliza aditivos ou ultraprocesados?

Non, en Biobocado non usamos produtos ultraprocesados e non engadimos aditivos a comida. Cociñamos con verdura, cereais, aceite, herbas aromáticas, legumes, peixe, carne…

¿Onde se fai a comida?

No mesmo local onde a podes vir a recoller, cociñamos cada día.

¿Hai menú vegano?

Si, a maior parte das elaboracións son vexetarianas ou veganas, aínda que tamén hai algunha opción con carne, peixe, ovos e lácteos. Así podemos comer todxs.

¿Hai comida sen glute?

Si temos moitas elaboracións sen glute, pero so aptas para persoas intolerantes. Os nosos medios inda non nos permiten garantir ao 100% a ausencia de glute.

¿Cómo se cociña en Biobocado?

E unha cociña lenta, a baixa temperatura e con pouco aceite. Non usamos frituras, nin reutilizamos aceite. Tampouco cociñamos a brasa nin requeimamos os alimentos.

¿Qué aceite usades?

Sempre aceite de oliva virxe extra de primeira prensión en frío e ecolóxico. Nalgunha elaboración podemos aliñar con outros aceites como de coco, ou de xirasol para repostería, isto e ocasional e sempre serán aceites non refinados e ecolóxicos.

¿Cómo quento a comida?

Servimos a comida en frío por unha cuestión de seguridade alimentaria. Unha vez cociñada baixamos a temperatura e mantémola sempre refrixerada por debaixo dos 8ºC.

Para quentar os caldos usa unha pota e a baixa temperatura, vixiando que non se queime, como moito que ferva un par de minutos.

Para quentar os sólidos normalmente recomendamos dúas opcións. Nunha sartén, se o precisa con unha finísima capa de auga e con tapa a baixa temperatura. Outra opción e no forno a baixa temperatura, colocaremos na base do forno un prato con unha pouca de auga para que non reseque a comida.

Tamén podes usar o microondas se o desexas.

¿Podo meter no microondas os envases da comida?

Os envases que entregamos nos, si son aptos para o microondas.

Bono innovacion