Chámome Alejandra

Son cociñeira especializada en alimentación saudable, ecolóxica e equilibrada. A miña misión é axudarche a gozar dunha comida deliciosa e nutritiva, que te faga sentir ben tanto por dentro como por fóra. Aposto por unha cociña natural, baseada en ingredientes frescos e locais, inspirada tamén na macrobiótica e na sabedoría da comida das nosas avós. Ao mesmo tempo, incorporo pratos innovadores que respectan estas tradicións pero que tamén buscan sorprenderche cun toque moderno e creativo, para que cada prato sexa unha experiencia única.

A filosofía de Biobocado baséase en catro piares fundamentais:

Ecoloxía e sostibilidade

Priorizando produtos ecolóxicos, de proximidade e de tempada. Cultivados ou criados con cariño e respetando ó ritmo natural.

Comida real

Partindo de alimentos que proveñen directamente da natureza. Sen ultraprocesados. Traballamos dende o alimento fresco.

Nutrición equilibrada

O prato saudable de Harvard e a guía para elaborar os nosos menús con todos os nutrintes necesarios nas cantidades adecuadas.

Alimentar o corpo e a alma

A comida e unha forma de alimentar as nosas emocións. Por elo poñemos boas vibracións e emocións positivas no noso traballo.

> Biobonos

Para que poidas compartir saúde e benestar, en Biobocado ofrecemos bonos especiais. Son a maneira perfecta de regalar comida ecolóxica e consciente a familiares, amigos ou compañeiros de traballo. Cada bono reflicte a nosa filosofía: comida real, equilibrada e chea de sabor.

Preguntas frecuentes

Trátase dunha guía alimentaria elaborada pola Universidade de Harvard e que actualmente e a máis usada polos nutricionistas. Resulta fácil de interpretar xa que as porcións de cada grupo de alimentos están representadas nun prato, e non inclúe produtos non recomendado.

Segundo esta guía a metade do que comemos deben ser produtos vexetais, verdura e froita. E a outra metade estará repartida a partes iguais entre proteínas, e hidratos de carbono. As proteínas deben ser de calidade, por exemplo legumes, peixe fresco, carnes non procesadas, ovos, froitos secos. E os hidratos de carbono deben vir de cereais integrais ou alimentos vexetais como a pataca, nunca de azúcares ou refinados.

A nosa bebida principal debe ser auga e debemos cociñar con aceite de oliva.

Moi fácil, cada día atoparás dous menús recomendados, son os biobocado do día. Estes menús están configurados coas elaboracións que cociñamos a diario. Se queres podes elixir un biobocado do día ou pedir por racións as cantidades que desexes das elaboracións que temos feitas para o día.

Si, podes encargar o teu pedido. O máis sinxelo e que o fagas a través da web (www.biobocado.es), así ves o que temos cada día. So tes que elixir o que queres mercar, e indicar se o queres recoller ou que cho levemos a casa.

En caso de dubida sempre podes chamar o 982 271 500.

Si, claro que temos entrega a domicilio. A única condición e que nos fagas o pedido antes das 10:30h do día que queres que cho entreguemos. Pensa que todo o mundo quere comer máis ou menos a mesma hora, resulta importante organizarnos con antelación.

Si, podes facer o pedido na web e non solicitar o envío a domicilio. Terémoscho preparado para cando veñas a recollelo.

Os envases son biodegradables e compostables. E procuramos que sexan tamén sempre de material reciclado.

No contedor verde, o de restos. Os envases son compostables e biodegradables.

Si, e nese caso farémosche un desconto de 20 céntimos na túa compra.

Todas as materias primas son ecolóxicas, buscamos proveedores de proximidade. Temos produto de Galicia, de España, e as menos, pero algunhas tamén veñen do extranxeiro.

Non, en Biobocado non usamos produtos ultraprocesados e non engadimos aditivos a comida. Cociñamos con verdura, cereais, aceite, herbas aromáticas, legumes, peixe, carne…

No mesmo local onde a podes vir a recoller, cociñamos cada día.

Si, a maior parte das elaboracións son vexetarianas ou veganas, aínda que tamén hai algunha opción con carne, peixe, ovos e lácteos. Así podemos comer todxs.

Si temos moitas elaboracións sen glute, pero so aptas para persoas intolerantes. Os nosos medios inda non nos permiten garantir ao 100% a ausencia de glute.

E unha cociña lenta, a baixa temperatura e con pouco aceite. Non usamos frituras, nin reutilizamos aceite. Tampouco cociñamos a brasa nin requeimamos os alimentos.

Sempre aceite de oliva virxe extra de primeira prensión en frío e ecolóxico. Nalgunha elaboración podemos aliñar con outros aceites como de coco, ou de xirasol para repostería, isto e ocasional e sempre serán aceites non refinados e ecolóxicos.

Servimos a comida en frío por unha cuestión de seguridade alimentaria. Unha vez cociñada baixamos a temperatura e mantémola sempre refrixerada por debaixo dos 8ºC.

Para quentar os caldos usa unha pota e a baixa temperatura, vixiando que non se queime, como moito que ferva un par de minutos.

Para quentar os sólidos normalmente recomendamos dúas opcións. Nunha sartén, se o precisa con unha finísima capa de auga e con tapa a baixa temperatura. Outra opción e no forno a baixa temperatura, colocaremos na base do forno un prato con unha pouca de auga para que non reseque a comida.

Tamén podes usar o microondas se o desexas.

Os envases que entregamos nos, si son aptos para o microondas.

Nutre o teu corpo con nós

Consulta as opcións no noso menú semanal.